martes, 31 de marzo de 2015

TIPOS DE TEXTOS: "NOVAS DE XORNAL"


*Imaxes empregadas con fins educativos.
 
TIPOS DE TEXTOS:
"AS NOVAS DE XORNAL"

Na planificación docente do PROA, adicamos unha das xornadas semanais ao desenvolvemento da Competencia Lingüística, centrando os nosos esforzos en mellorar a competencia lectora, tanto na eficacia (velocidade, ritmo, entonación…) como na comprensión lectora. Sabemos que unha boa competencia lectora é a competencia “chave” de acceso ao resto das aprendizaxes escolares.

No noso intento por realizar tarefas competenciais, motivadoras que favorezan a adquisición de contidos partindo das destrezas do alumno de xeito lúdico, propomos unha actividade denominada “TIPOS DE TEXTOS”.

Esta tarefa, terá como resultado ou produto final, a elaboración de paneis ou murais que colgaremos nos pasillos do centro, co resultado de expor os nosos traballos individuais e colectivos e polos a disposición do resto de alumnado do centro. Esta actividade, así como o resto das desenvolvidas, englóbase dentro dun conxunto de actividades planificadas para cada sesión,  na que realizaremos amais diso: lectura de textos (individual e colectiva), xogos de velocidade lectora, prácticas de composición escrita, ditados, actividades en pizarra branca e actividades e xogos multimedia empregando como soporte a pizarra dixital.

Esta tarefa dividiuse nas seguintes actividades e exercicios:



1º.- NOVAS DE XORNAL: Comezamos a estudar os diferentes tipos de texto partindo das novas de xornal. Trouxemos á aula xornais atrasados dos que o alumnado seleccionou novas, supervisados por nós, axustadas aos seus intereses e dun tamaño e contidos axeitado á súa competencia lectora. A nivel individual realizamos unha lectura individual en voz alta, prestando especial atención á eficacia lectora. Ao rematar realizamos preguntas de comprensión oral aos oíntes e ao propio lector/a para asegurar a comprensión detallada do contido da nova. Pasamos a continuación a cumplimentar no noso caderno a nivel individual unha “ficha informativa” da nosa nova particular. Os contidos desta ficha foron os seguintes:

·         Nome do xornal:

·         Data de publicación:

·         Título da nova:

·         Autor/a:

·         Resumo:


     Nesta actividade individual, o alumno/a traballa a súa busca de información no formato de texto da nova, así como a composición escrita ao elaborar o seu propio resumo, coidando a caligrafía e a ortografía.

    Despois, lemos en alto a nosa “ficha informativa”, e pasamos a redactala en limpo coidando a presentación. 

    Posteriormente, creamos un panel ou mural ubicado nun dos pasillos do centro, preto das aulas onde impartimos PROA, que rotularon libremente, empregando as cores e deseños froito da súa creatividade individual. Coidamos moito o respecto polo material e o espazo común.




    A continuación poideron ir pegando as súas “fichas informativas”, para polas a disposición dos seus compañeiros de centro.




 
     En vindeiras sesións traballaremos a lectura e comprensión lectora a través do coñecemento experiencial doutros tipos de textos. Amosaremos o proceso de aprendizaxe e os produtos acadados.

Continuamos a traballar!!!

 

 

No hay comentarios :

Publicar un comentario