martes, 31 de marzo de 2015

TIPOS DE TEXTOS: "NOVAS DE XORNAL"


*Imaxes empregadas con fins educativos.
 
TIPOS DE TEXTOS:
"AS NOVAS DE XORNAL"

Na planificación docente do PROA, adicamos unha das xornadas semanais ao desenvolvemento da Competencia Lingüística, centrando os nosos esforzos en mellorar a competencia lectora, tanto na eficacia (velocidade, ritmo, entonación…) como na comprensión lectora. Sabemos que unha boa competencia lectora é a competencia “chave” de acceso ao resto das aprendizaxes escolares.

No noso intento por realizar tarefas competenciais, motivadoras que favorezan a adquisición de contidos partindo das destrezas do alumno de xeito lúdico, propomos unha actividade denominada “TIPOS DE TEXTOS”.

Esta tarefa, terá como resultado ou produto final, a elaboración de paneis ou murais que colgaremos nos pasillos do centro, co resultado de expor os nosos traballos individuais e colectivos e polos a disposición do resto de alumnado do centro. Esta actividade, así como o resto das desenvolvidas, englóbase dentro dun conxunto de actividades planificadas para cada sesión,  na que realizaremos amais diso: lectura de textos (individual e colectiva), xogos de velocidade lectora, prácticas de composición escrita, ditados, actividades en pizarra branca e actividades e xogos multimedia empregando como soporte a pizarra dixital.

Esta tarefa dividiuse nas seguintes actividades e exercicios:



1º.- NOVAS DE XORNAL: Comezamos a estudar os diferentes tipos de texto partindo das novas de xornal. Trouxemos á aula xornais atrasados dos que o alumnado seleccionou novas, supervisados por nós, axustadas aos seus intereses e dun tamaño e contidos axeitado á súa competencia lectora. A nivel individual realizamos unha lectura individual en voz alta, prestando especial atención á eficacia lectora. Ao rematar realizamos preguntas de comprensión oral aos oíntes e ao propio lector/a para asegurar a comprensión detallada do contido da nova. Pasamos a continuación a cumplimentar no noso caderno a nivel individual unha “ficha informativa” da nosa nova particular. Os contidos desta ficha foron os seguintes:

·         Nome do xornal:

·         Data de publicación:

·         Título da nova:

·         Autor/a:

·         Resumo:


     Nesta actividade individual, o alumno/a traballa a súa busca de información no formato de texto da nova, así como a composición escrita ao elaborar o seu propio resumo, coidando a caligrafía e a ortografía.

    Despois, lemos en alto a nosa “ficha informativa”, e pasamos a redactala en limpo coidando a presentación. 

    Posteriormente, creamos un panel ou mural ubicado nun dos pasillos do centro, preto das aulas onde impartimos PROA, que rotularon libremente, empregando as cores e deseños froito da súa creatividade individual. Coidamos moito o respecto polo material e o espazo común.




    A continuación poideron ir pegando as súas “fichas informativas”, para polas a disposición dos seus compañeiros de centro.




 
     En vindeiras sesións traballaremos a lectura e comprensión lectora a través do coñecemento experiencial doutros tipos de textos. Amosaremos o proceso de aprendizaxe e os produtos acadados.

Continuamos a traballar!!!

 

 

lunes, 30 de marzo de 2015

CONSTRUINDO AS TABOAS...


*Imaxes empregadas con fins educativos.
 






"O LIBRO DAS TÁBOAS"

 
 
        Todos sabemos o importante que é memorizar ben as táboas de multiplicar para poder realizar con éxito o cálculo matemático como base para a resolución de problemas. No noso intento por favorecer unha mellora na resolución de problemas, partimos da metodoloxía do aprendizaxe colaborativo e construtivo, deseñamos unha actividade graduada, consistente na construción mental do aprendizaxe das táboas, como proceso de aprendizaxe manipulativo e lúdico.
 
 
      Denominamos a esta actividade:  "O LIBRO DAS TÁBOAS" Unha tarefa realizada polos tres grupos (G.1, G.2 e G.3) e de xeito colaborativo, que ten como produto final  a construción dun libro de gran tamaño, coas táboas deseñadas sobre cartolinas de cores polas dúas caras, no que aparezan nunha grella as táboas construidas como suma de números e elementos iguais. Na que os números sexan representados empregando diversas técnicas de debuxo, como personaxes animadas.
 
     Este "LIBRO DAS TÁBOAS", construído entre todos, será posto a disposición dos nenos e nenas dos primeiros niveis de Educación Primaria, como recurso para a presentación e introdución do aprendizaxe da multiplicación. Así, non só traballamos para o noso propio beneficio, senón que producimos un recurso posto ao servizo da comunicade educativa da que formamos parte.
 
     Esta actividade, contou coas seguintes etapas, deseñadas co obxectivo de favorecer a integración da aprendizaxe das táboas partindo du proceso individual para chegar a un proceso colectivo cun produto final tanxible e útil:
 
1º.-AS TÁBOAS COMO SUMA DE ELEMENTOS IGUAIS: Asignamos a cada grupo (Grupo 1, 2 e 3) un grupo de táboas a construir. As máis pequenas para o grupo 1 e as máis grandes para o 3. Cada neno/a no seu caderno  e na súa mesa, debeu construir individualmente cada unha das táboas asignadas como unha suma de elementos iguais. Favorecemos así a comprensión particular da orixe do producto como resultado da suma. Tal como vemos na seguinte imaxe:



2º.- ROTULADO DAS TÁBOAS: Dentro de cada táboa, asignamos as multiplicacións que lle tocaría elaborar a cada neno. No seu pupitre, deseña ou rotula as multiplicacións que lle tocan como personaxes animados, desplegando todo o seu potencial creativo.  Non esquezamos que as sesións de PROA se realizan fora do horario escolar e están deseñadas para favorecer un aprendizaxe lúdico, fora da presión ou o academicismo propio da xornada escolar.





3º.- DECORADO DAS TÁBOAS:  Unha vez que cadaquen rotulou os produtos que lle foron asignados, pasamos a unha mesa conxunta de decorado, onde comparten o material preciso para dar cor ás formas rotuladas. Sobra dicir que o alumnado disfruta deste momento, como un xogo, mentres  sin percibilo, está fixando as táboas, comprendendo a súa orixe, aprendendo a organizar o traballo e o estudo, respectando quendas, compartindo material e espazos nun ambiente tranquilo. Vemos unha serie de imaxes que ilustran esta etapa:





4º.- COMPOSICIÓN DAS GRELLAS: Unha vez que foron deseñados e decorados os produtos (3 x 3=), as sumas das que proceden (3+3+3=) e os resultados en forma de números e elementos (9), pasamos a recortar cada parte e pegala nunha grella de gran tamaño sobre unha cartolina de cor (unha para cada táboa, polas dúas caras). Esta parte do proceso, cada neno/a deberá facela noutro espazo diferente dentro da disposición da aula, para favorecer a organización do traballo en cadea, tal como reflicten as seguintes imaxes:



     O tempo pasa moi apresa cando o traballo é agradable, e así pasan as horas para os nosos alumnos/as que realizan estas actividades cunha actitude de traballo en equipo moi positiva. Por iso non adicamos únicamente cada sesión ao traballo de construción das táboas, senón que simultaneamos esta actividade con outros exercicios complementarios tales como: realización de cáculo e problemas axeitados ao seu nivel en caderno e na pizarra branca, e emprego de xogos actividades multimedia na pizarra dixital, atopados na rede e aloxados neste noso espazo de traballo que é o noso blogue de PROA.





5º.- LIBRO DAS TABOAS:  Como actividade conxunta e laboriosa que é, o resultado final será froito de moitos momentos dentro de varias semanas de traballo. Tal como sinalamos anteriormente, esta actividade englóbase dentro dunnha planificación de cada sesión con máis exercicios sobre caderno, e pizarra dixital. Polo momento seguimos a traballar na confección do noso "Libro das táboas" que pronto estará listo para compartir neste bloque e cos alumnos e alumnas dos primeiros niveis de Primaria do noso cole.
Continuamos a traballar!!